CONTACTO

Correo

+34 986 815 710

Responsable de comunicación e divulgación

Unidade de xestión

Bióloga mariña, máster de Xestión Sustentable de Sistemas Costeiros e Mariños, mergulladora profesional e doutora pola Universidade de Vigo. Durante os últimos 15 anos traballou en proxectos de investigación sobre xestión de recursos pesqueiros, estudos ambientais e en programas de educación ambiental sobre o medio mariño para diversas empresas, ONGs e Universidades. Desde o ano 2010 traballa na ECIMAT, prestando apoio na realización de mostraxes submareais, cultivo de crustáceos, procesado de mostras histolóxicas, mantemento e no apoio aos usuarios do servizo de microscopía. Na actualidade é responsable das actividades de comunicación e divulgación do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.