A ECIMAT permite aos séus usuarios e usuarias o acceso as instalacións do Centro fora do horarios de apertura do centro segundo as seguintes condicións:

  • O acceso fora de horario de apertura debe ser xustificado pola natureza do traballo a realizar polo/a usuario/a.
  • Debese procurar, na medida do posible, programar o acceso ás instalacións coa suficiente antelación.
  • Para garantir que a solicitude poda ser atendida, a autorización para acceder ao centro fora do horario debe ser solicitada á dirección do centro tres días laborais antes da data de inicio de acceso previsto, utilizando o formulario que se pode encontrar facendo clic nesta ligazón.
  • Unha vez concedida a autorización, e durante o periodo de duración desta, o/a usuario/a poderá acceder as instalacións en horario de peche solicitando as chaves na caseta de entrada á Illa de Toralla mediante a presentación do seu documento identificativo (DNI ou similar). Ao abandonar as instalacións as chaves deben ser devoltas na caseta de entrada a Illa de Toralla.
  • Levarase un rexistro das persoas que acceden fora dos horarios de apertura do centro.
  • As portas de acceso á ECIMAT deben permanecer en todo momento pechadas con chave, sendo unicamente abertas no momento no que o/a usuario/a acceda ao centro.
  • É responsabilidade do/a usuario/a, e do Investigador Responsable o bon uso das instalacións e equipamentos comúns durante o periodo de utilización.
  • A dirección da ECIMAT resérvase o dereito de retirar a autorización a calquera usuario/a que non cumpla con estas normas, con as normas xerais de uso da ECIMAT ou dos seus servizos e equipamentos.
Ir ao formulario solicitude