Infraestrutura para o amarre das embarcacións da ECIMAT e de outras estruturas flotantes ou submerxidas

Pantalán flotante de 24 m de lonxitude e 3 m de ancho composto por unha pasarela fixa de 60 m de lonxitude e 2 m de ancho e un tramo móbil de 12 m, onde se ubican as prazas de amarre, a estación oceanometeorolóxica de Torallamar e as linternas para o mantemento de organismos mariños.

O calado mínimo nunha marea viva é de 1,20 m. A parte externa do pantalán está destinada a manobras de carga e descarga, quedando restrinxido o atraque á cara interna do mesmo.