Laboratorio amoblado de 53 m2 que alberga equipamentos de uso común para análise, microscopía e procesado de mostras.

Equipo de microscopía

O laboratorio pon á disposición dos usuarios da ECIMAT os seguintes equipos:

  • Equipos de medida: balanzas de precisión (Sartorius, ST-360 e ST-1200), espectrofotómetros (Jasco V-650 e RF-5301 PC), lector de microplacas (Epoch TM) e valorador automático (Titrino).
  • Equipos de microscopía: microscopios de rutina (Nikon 50i), invertido (Nikon TE2000S) e de fluorescencia (Nikon 90i) e lupas binoculares (SMZ 1000 e 1500), con sistema de análise de imaxe dispoñible.
  • Estufas (30-100º) e incubadores (3-50ºC).
  • Equipos de análise: microtox.
  • Pequeno equipamento: baño ultrasóns.

Neste laboratorio o persoal técnico da ECIMAT realíza o procesado de mostras histolóxicas. Para máis información sobre os equipos e o servizo de histoloxía e para realizar a súa solicitude pulse o link Solicitar un servizo. 

Para solicitar o uso dos equipos por primeira vez ou realizar outras consultas contacte con Rosana Rodríguez para os equipos de microscopía e o procesado de mostras histolóxícas ou Sergio González para o resto de equipos.