Laboratorio seco de 67 m2 dispoñible para ser utilizado en actividades de investigación mariña.

Destinado para experimentos e traballos de investigación que non precisen auga de mar corrente (auga de mar dispoñible en laboratorios anexos). O laboratorio está acondicionado térmicamente e dispón de mesados, andeis, espazo de almacenamento e unha mesa para o mantemento de organismos vivos (mesado de vivos).

Este espazo conta cos seguintes subministros:

  • Aire comprimido
  • Osíxeno
  • Auga doce declorada
  • Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente (no mesado de vivos)
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC (no mesado de vivos)
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 18ºC (no mesado de vivos)