Laboratorio húmido 67 m2 dispoñible para ser utilizado en actividades de investigación mariña.

Módulo de investigación 2

Destinado para experimentos e traballos de investigación que precisen auga de mar corrente. O laboratorio está equipado para o traballo con organismos mariños, acondicionado térmicamente e dispón de canaletas de desaugue, mesados (4,5 m) e os seguintes subministros e infraestructura:

  • Aire comprimido
  • Osíxeno
  • Auga doce declorada
  • Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 12º e 18ºC
  • 12 tanques cilindrocónicos de 150 l de fibra de vidro con iluminación controlada
  • 24 caixas de 50 l de cor gris con fotoperíodo e intensidade de luz controlada
  • 12 caixas de 60 l de cor branco
  • 9 caixas de 100 l de cor branco