Sala de 12 m2 con desinfección do efluente para levar a cabo traballos en circuito aberto con organismos infecciosos ou que poidan supoñer un risco biolóxico para o medio ambiente.

Dispón de 36 tanques rectangulares con esquinas redondeadas con fondo plano de 30 L (outros tamaños de tanques dispoñibles) e subministro continuo de:

  • Aire comprimido
    Osíxeno
    Auga doce declorada
    Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
    Auga de mar filtrada ata 1µ a 12ºC e desinfectada por radiación UV
    Auga de mar filtrada a 1µ a 18ºC e desinfectada por radiación UV