Laboratorio de 32 m2 dividido en dúas salas destinadas ao cultivo de peixes.

Nursey 1 - peixes

Sala de incubación e cultivo larvario de peixes, de 10 m2, equipada con 4 tanques de incubación de 50 L e 4 tanques de cultivo larvario de 150 L de polipropileno (PP) cor area.

Sala de destete e nursery de peixes, de 22 m2, equipada con 7 tanques de polipropileno de 400 L de fondo plano e cor verde e alimentadores automáticos. Nesta sala pódense ubicar tanques de diferentes dimensións e formas, segundo a especie.

Ambas salas contan con control de fotoperiodo e os seguintes subministros:

  • Aire comprimido
  • Osíxeno
  • Auga doce declorada
  • Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 18ºC
  • Auga de mar a 18ºC filtrada a 1µ e desinfectada por radiación UV