Laboratorio de 30 m2 para traballo con organismos infecciosos ou que supoñan un risco biolóxico para o medio

Larvario

A sala dispón de tanques con circuito aberto (distintos tamaños e formas dispoñibles) e desinfección de efluentes, canaletas de desaugue, control de fotoperiodo e os seguintes subministros:

  • Aire comprimido
  • Osíxeno
  • Auga doce declorada
  • Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC
  • Auga de mar filtrada a 20µ a 18ºC
  • Auga de mar a 18ºC filtrada a 1µ e desinfectada por radiación UV