A ECIMAT, a través da unidade de calidade ambiental, conta cunha ampla experiencia na realización de traballos de caracterización da ecotoxicidade de materiais e bioensaios ecotoxicolóxicos con mostras ambientais mariñas.

A nosa experiencia está avalada por máis de 22 proxectos de investigación sobre esta temática, 38 contratos de servizo para a Administración Pública e o sector privado, e máis de 100 publicacións científicas internacionais, o que garantiza unha solvencia técnica e experiencia acreditadas.

Os bioensaios como ferramenta biolóxica

No laboratorio da unidade de calidade ambiental utilizamos os bioensaios como ferramentas biolóxicas, sendo as tres principais liñas de traballo:

  1. Implementación do Directivas Marco da auga (2000/60/CE) e Sobre a Estratexia Mariña (2008/56/CE), para a avaliación do estado das masas de auga.
  2. Implementación das Directivas Marco da auga (2000/60/CE) e Sobre a Estratexia Mariña (2008/56/CE) e o Regulamento REACH, para a Avaliación do Risco Ambiental que permita o establecemento de normas de calidade ambiental en augas.
  3. Implementación das Directrices para a caracterización do material dragado e a súa recolocación en augas do Dominio Público marítimo-terrestre.

O cumprimento destas liñas de traballo baséase na a implantación de procedementos estandarizados que alcanzaron a certificación de calidade ISO 9001:2015, que á súa vez están baseados en protocolos adoptados por organismos recoñecidos internacionalmente (ISO, UNE, APHA, etc.). Estos métodos atópanse a súa vez adaptados para cumprir as pautas metodolóxicas descritas nas Directrices para a caracterización do material dragado e a súa recolocación en augas do Dominio Público marítimo-terrestre.

A oferta de bioensaios ecotoxicológicos estandarizados dispoñible é o seguinte:

  • Test da embriogénesis de bivalvos (Mytilus spp., Venerupis spp., Ruditapes spp.)
  • Test da embriogénesis de ourizo de mar (Paracentrotus lividus)
  • Test da supervivencia de anfípodos (Corophium sp.)
  • Test de crecemento de microalgas mariñas (Phaeodactylum tricornutum, Isochrysis galbana)
  • Test de toxicidade aguda con copépodos (Acartia clausi e Tisbe bataggliai)
  • Test de toxicidade aguda con Daphnia magna
  • TPT: Test previo de toxicidade en Directrices CEDEX.

Na  ECIMAT dispoñemos das instalacións apropiadas para a realización dos traballos descritos. Ademais, contamos cun equipo de traballo multidisciplinar formado por técnicos e investigadores todos eles titulados superiores, con ampla traxectoria na realización de estudos que implican a realización de bioensaios e outras técnicas relacionadas co ámbito da calidade ambiental e a contaminación mariña.

Este servizo inclúese dentro do Sistema de Xestión de Calidade da ECIMAT

A  ECIMAT dispón dun Sistema de Xestión Calidade, certificado por Bureau Veritas, no que se atopan implantados os requisitos do  referencial internacional estándar  ISO 9001:2015 cuxo alcance de certificación, inclúe a realización de bioensaios para a caracterización  ecotoxicológica de mostras ambientais e substancias químicas.

O sistema de calidade asegura unha correcta xestión das mostras garantido a súa  trazabilidade e a súa conservación e manipulación mediante a aplicación de procedementos amplamente contrastados e  auditados. Así mesmo, a aplicación de protocolos xerais do sistema de calidade permite un control absoluto sobre a documentación e os rexistros mediante un correcto tratamento e almacenamento dos datos.

Na entidade dispoñemos tamén de procedementos e instrucións técnicas aplicables para o control da infraestrutura sobre a que aplican estritos plans de mantemento e calibración e verificación, o que permite a súa utilización con garantía de calidade.

Adicionalmente á calidade xeral de todo o proceso de execución dos traballos, desenvolveranse mecanismos destinados ao aseguramento da calidade dos resultados. O programa de aseguramento da calidade dos resultados obtidos na realización dos bioensaios baséase nos criterios descritos na norma UNE EN –  ISO 17025 que define os Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración.

Consideracións importantes á hora de solicitar o servizo

A realización de bioensaios require unha serie de consideracións e preparacións previas. É importante a coordinación entre a entidade que toma as mostras e o laboratorio mediante unha boa planificación co fin de poder realizar os preparativos e os procesos de aclimatación dos organismos previos ao comezo dos bioensaios. Isto último é de vital importancia para o cumprimento dos prazos que establece a normativa para a execución dos ensaios.

Solicite a realización de bioensaios ecotoxicolóxicos.