O programa Café con Sal é un ciclo de conferencias abertas sobre diversos temas de investigación mariña que a ECIMAT ven desenvolvendo dende o ano 2011. O principal obxectivo é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuír á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área mediante a gravación en vídeo e a publicación de todas as presentacións.

As conferencias teñen lugar no salón de actos da ECIMAT o primer e tercer martes de cada mes (salvo excepcións), entre as 11 e as 11:40 h.

A IX edición constará de 17 ponencias distribuídas ao longo do ano 2019 que serán anunciadas nas nosas webs.

A continuación podes consultar as próximas conferencias, así como os resumos e as videoconferencias das ponencias xa realizadas.

Café con sal 2019

Futuras conferencias

Conferencias xa realizadas

Edicións anteriores

VER HISTÓRICO