Ofrécese un contrato predoutoral FPI de 4 anos asociado ao proxecto AURORA-NUM (PID2024-155465OB-C21), orientado ao modelado numérico, HPC e enxeñaría aplicada no ámbito da enxeñaría mariña e costeira.
A persoa seleccionada traballará no desenvolvemento e aplicación de modelos numéricos de alta fidelidade para analizar a estabilidade, resiliencia e optimización de unidades de blindaxe de diques, con validación experimental e participación en publicacións científicas e congresos internacionais.
Perfil recomendado: alumnado con formación en enxeñaría aeroespacial, civil, industrial, mecánica, informática, física, matemáticas ou áreas afíns, con interese en simulación numérica e programación.
Data límite oficial para presentar a solicitude: 27 de abril de 2026.
Para información previa sobre o perfil e o procedemento, as persoas interesadas poden contactar co IP Alejandro Cabrera Crespo en alexbexe@uvigo.es.
Anuncio en LinkedIn:
https://www.linkedin.com/posts/alejandro-j-c-crespo-3401b386_predoctoral-position-fpi-2025-centro-share-7446131858226036736-PYxg
Convocatoria oficial UVigo:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1687