O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un referente europeo en investigación mariña interdisciplinar, recoñecido pola súa excelencia científica, capacidade innovadora e impacto social. A través dunha sólida rede internacional e infraestruturas singulares, o Centro impulsa a biotecnoloxía mariña, a observación oceánica, a acuicultura sostible e as enerxías azuis, consolidando a Galicia como territorio líder na ciencia do mar e contribuíndo a abordar os grandes retos ambientais e sociais mediante enfoques innovadores e colaborativos.
O centro está formado por 200 persoas, das que 144 son investigadores/as organizados en 16 grupos que desenvolven ciencia mariña punteira e 50 técnicos/as de apoio á investigación. Recoñecido pola Xunta de Galicia como Centro de Investigación de Galicia (Rede CIGUS) e nodo central da estratexia mariña do Sistema Universitario Galego (SUG), o CIM lidera unha ciencia mariña de excelencia con impacto real.
O CIM está profundamente vinculado ao mar e ao territorio galego. Desde esa conexión impulsa investigación, innovación e colaboración para protexer o océano e contribuír ao benestar e á sostibilidade das comunidades que dependen del.
Contribuímos á conservación e uso sostible dos océanos a través da ciencia, a innovación e a transferencia de coñecemento. Investigamos para entender mellor o mar e poñemos ese saber ao servizo da sociedade, do planeta e das futuras xeracións.
Queremos ser un centro de referencia internacional en investigación mariña e un axente clave na innovación, transferencia e divulgación azul do Arco Atlántico Europeo.
O CIM conta con tres órganos de goberno recollidos no seu regulamento interno: o Consello Reitor, o Comité de Dirección e o Comité Científico. A organización do centro estrutúrase en tres unidades principais: a Estratéxica, a de Apoio Técnico e a de Investigación. Ademais, o Comité de Dirección recibe o apoio de órganos asesores internos, como o Consello de Centro e a Comisión de Igualdade e Sostibilidade e tamén de órganos asesores externos, entre os que se atopan o CAE.
Daniel Rey García
Director do CIM
José Manuel García Estévez
Director da ECIMAT
Moncho Gómez Gesteira
Subdirector de Estratexia Científica
Paloma Morán Martínez
Subdirectora de Ciencia e Sociedade