O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un referente europeo en investigación mariña interdisciplinar, recoñecido pola súa excelencia científica, capacidade innovadora e impacto social. A través dunha sólida rede internacional e infraestruturas singulares, o Centro impulsa a biotecnoloxía mariña, a observación oceánica, a acuicultura sostible e as enerxías azuis, consolidando a Galicia como territorio líder na ciencia do mar e contribuíndo a abordar os grandes retos ambientais e sociais mediante enfoques innovadores e colaborativos.
O centro está formado por 194 persoas, das que 144 son investigadores/as organizados en 16 grupos que desenvolven ciencia mariña punteira e 50 técnicos/as de apoio á investigación. Recoñecido pola Xunta de Galicia como Centro de Investigación de Galicia (Rede CIGUS) e nodo central da estratexia mariña do Sistema Universitario Galego (SUG), o CIM lidera unha ciencia mariña de excelencia con impacto real.
O CIM está profundamente vinculado ao mar e ao territorio galego. Desde esa conexión impulsa investigación, innovación e colaboración para protexer o océano e contribuír ao benestar e á sostibilidade das comunidades que dependen del.
Contribuímos á conservación e uso sostible dos océanos a través da ciencia, a innovación e a transferencia de coñecemento. Investigamos para entender mellor o mar e poñemos ese saber ao servizo da sociedade, do planeta e das futuras xeracións.
Queremos ser un centro de referencia internacional en investigación mariña e un axente clave na innovación, transferencia e divulgación azul do Arco Atlántico Europeo.
A estrutura de gobernanza do CIM articúlase a través do Consello Reitor, a Dirección, o Comité Científico e a Asemblea Científica, co apoio de dous órganos asesores externos, un científico e outro empresarial.
María Elsa Vázquez Otero
Directora do CIM
Eva Teira
Subdirectora de Internacionalización e Sociedade
Moncho Gómez Gesteira
Subdirector de Estratexia Científica
Damián Costas Costas
Subdirector de Infraestruturas Singulares
Director da ECIMAT
A súa misión consiste en avaliar a adecuación da nosa estratexia e da súa implementación.
Achega a visión estratéxica e orientación para aliñar a investigación coas necesidades do sector e favorecer a súa transferencia e impacto socioeconómico.