Alén o mar | O Campus Auga financia un proxecto do investigador do CIM Diego Fernández para predicir riscos agroclimáticos con intelixencia artificial

O investigador Diego Fernández, do grupo EphysLab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, liderará un proxecto para desenvolver unha ferramenta dixital de predición de riscos agroclimáticos que axudará ao sector agrario a optimizar a toma de decisións. A iniciativa foi unha das cinco seleccionadas na convocatoria de axudas do Programa de […]
A EDAR de Moaña retén máis do 90% dos microplásticos antes da súa chegada á ría de Vigo

A depuradora de Moaña consegue impedir que máis do 90% dos microplásticos presentes nas augas residuais cheguen á ría de Vigo. Esta é a principal conclusión do proxecto Clear-Edar, liderado polo investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo Víctor Hernando, quen tamén estima que arredor de dúas toneladas anuais destes contaminantes acaban […]
Unha guía reúne información de 317 peixes óseos mariños da península ibérica e Baleares

Editada polo investigador do CIM-UVigo Jesús Souza, é obra do ictiólogo Rafael Bañón. Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies Realizada polo ictiólogo Rafael Bañón e editada polo investigador do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo Jesús Souza, o edificio Redeiras acollía este xoves a presentación da Guía de los […]
O CIM-UVigo alíase coas confrarías para crear unha ferramenta dixital que mellora a sostibilidade da pesqueira do ourizo de mar

Da man do investigador Haritz Ayarza, do Future Oceans Lab, no marco do proxecto SOST-Erizo. Permite identificar riscos que afectan ao futuro deste recurso, actualmente en situación crítica O CIM-UVigo alíase coas confrarías para crear unha ferramenta dixital que mellora a sostibilidade da pesqueira do ourizo de mar. O autor principal do estudo é o investigador do grupo Future […]
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo. Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas Rocío Blanca Sújar, investigadora predoutoral do grupo de Oceanografía Biolóxica do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, está a realizar unha estadía de tres meses no Civil Engineering Research Institute […]
Damián Costas, novo director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

O seu obxectivo é “consolidar e reforzar” esta infraestrutura da UVigo que acaba de cumprir 20 anos. Ata agora era o responsable da Unidade de Recursos Biolóxicos e Cultivos Mariños Damián Costas será o substituto de José Manuel García Estévez á fronte da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat. Esta infraestrutura do Centro de […]
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña ante o aumento da temperatura da auga

O mesocosmos da Ecimat acolleu un experimento internacional con participación de persoal investigador de Grecia, Italia, Francia, Finlandia e Estados Unidos O mesocosmos do Centro de Investigación Mariña da UVigo acolleu nas últimas semanas un equipo internacional que realizou un experimento para coñecer como responderán as comunidades planctónicas mariñas á alcalinización do océano nun escenario […]
Alén o Mar | A Galicia da Idade de Xeo na que viviron os derradeiros neandertais e os primeiros Homo sapiens era máis fría e chuviosa

Segundo un estudo liderado por USC e Cispac no que colaboran investigadores da UVigo. Os datos obtivéronse da análise paleoecolóxica da fauna do xacemento arqueolóxico de Cova Eirós Unha nova investigación realizada no xacemento de Cova Eirós (Cancelo, Triacastela, Lugo) permite afondar no coñecemento sobre o clima e o ambiente do pasado nas serras orientais […]
O Campus Auga apoia un proxecto de investigación de persoal do CIM con traxectoria excelente

Jorge Eiras Barca, do grupo de investigación Environmental Physics Laboratory (EPhysLab), realizará o proxecto Avanzando na compresión dos mecanismos físicos implicados desenvolvemento e persistencia dos eventos extremos de estrés térmico de alto impacto para o sector agrícola O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, lanzou este ano […]
A Unesco incorpora o proxecto europeo AlFunFeed do CIM como parte da Década das Ciencias Oceánicas

Supón un recoñecemento internacional para esta iniciativa. Os científicos da UVigo buscan revolucionar a produción de pensos para acuicultura O proxecto europeo AlFunFeed, liderado polo catedrático José Luis Soengas do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, foi incorporado pola Unesco como Decade Action – Project dentro da Década das Ciencias Oceánicas para o […]