Presentación da Guía de los peces óseos marinos de la península Ibérica y Baleares

Data: 23 de xullo de 2026, ás 12.00 horasLugar: Edificio Redeiras Terá lugar a presentación da Guía de los peces óseos marinos de la península Ibérica y Baleares, unha obra de Rafael Bañón editada polo investigador do CIM Jesús Souza Troncoso. A publicación reúne información detallada sobre 317 especies de peixes óseos mariños, desde especies costeiras e […]

Congreso iMarCo: Conectividade entre ámbitos acuáticos para a resiliencia dos ecosistemas

Data: Do 2 ao 4 de setembro de 2026Lugar: Museo MARCO, Vigo Nun mundo cada vez máis interconectado, comprender a conectividade entre os ecosistemas mariños e fluviais resulta esencial para a conservación dos nosos recursos hídricos e a sustentabilidade ambiental. O Congreso Internacional iMarCo 2026 está dedicado a explorar as complexas interaccións entre ríos, mares […]

Exposición ImpactARTE: a arte como arquivo da memoria climática das costas

Data: Do 16 ao 21 de xuño de 2026Lugar: Museo do Mar de Galicia (Vigo) O Museo do Mar acolle a exposición ImpactARTE, unha iniciativa liderada pola investigadora do CIM Ángela Fontán Bouzas e financiada pola FECYT que explora como a arte pode contribuír á comprensión dos efectos do cambio climático nas costas. A mostra […]

8th DualSPHysics Workshop

O campus de Ourense acollerá do 27 ao 29 de xaneiro o 8th DualSPHysics Workshop. Nel daranse a coñecer as últimas novidades no software DualSPHysics, creado polo grupo do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo EPhysLab (Environmental Physics Laboratory) en colaboración coa University of Manchester (Reino Unido), a Università degli Studi di […]

Xornada polo Día Mundial da Acuicultura

Con motivo do Día Mundial da Acuicultura, o grupo de investigación PhystoFhish do CIM organiza o venres 1 de decembro unha xornada dirixida ao alumnado de Ciencias do Mar e áreas afíns, centrada no rodaballo como especie clave do sector. A sesión inclúe unha masterclass sobre fisioloxía e benestar animal, unha intervención de Stolt Sea […]

Prazo ampliado! IV Concurso de vídeos Marie Tharp

A Comisión de Igualdade e Sostibilidade do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lanza a cuarta edición do concurso Marie Tharp, dirixido a mulleres investigadoras vinculadas ao centro. O certame consta de dúas categorías: predoutoramento e posdoutoramento junior, e está dotado cun premio de 1500 euros por cada unha delas. Dirixido a […]

Xornadas de Portas Abertas 2025

Un ano máis, o Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo convida á cidadanía a coñecer de preto a ciencia mariña que se desenvolve nos seus laboratorios a través das Xornadas de Portas Abertas que terán lugar os vindeiros 7 e 8 de novembro na zona de A Laxe de Vigo. O obxectivo […]

III Asemblea Anual CIMentos

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo organiza a III Asemblea Anual CIMentos! Este evento científico, que se celebrará o 28 de outubro no edificio CITEXVI (Campus de Vigo), busca unir a todo o persoal investigador do CIM, proporcionando un espazo onde poidan presentar os seus traballos, intercambiar ideas e establecer colaboracións. […]

Obradoiro transrexional final sobre Innovación en Biotecnoloxía Azul – MARINNONET

No marco do proxecto Marinnonet, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-202, presentamos o Obradoiro Transrexional de Biotecnoloxía Azul, que se celebrará online o vindeiro 19 de setembro entre as 10 e as 12:30 horas. Este encontro ofrece unha oportunidade única para conectar con actores de España, […]

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)