Xornadas de Portas Abertas do CIM 2026

6–8 de novembro de 2026 | Vigo, Ourense e illas Cíes

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo celebra unha nova edición das súas Xornadas de Portas Abertas.

Durante tres días, a cidadanía poderá achegarse á investigación mariña a través de visitas aos laboratorios dos campus de Vigo e Ourense, percorridos polas instalacións da Ecimat, obradoiros científicos, visitas ao visor submarino Nautilus, campañas oceanográficas pola ría de Vigo e unha expedición divulgativa ás illas Cíes.

As xornadas contan co apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ademais, están amparadas polo Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (2021–2030) e forman parte das celebracións do European Maritime Day In My Country.

Inscrición: previa e con prazas limitadas, agás a feira científica de A Laxe, de acceso libre.

Programa e inscricións: cienciasingular.gal

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)