Graduado/a en Informática ou mestrado para a administración de sistemas e xestión de infraestruturas HPC

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

  • Denominación do proxecto ou actividade: Axuda para a consolidación e estruturación do grupo de investigación FA9
  • Investigador principal: Mª Teresa de Castro Rodríguez
  • Liña de investigación: Xestión, optimización e desenvolvemento de infraestruturas HPC para computación científica e modelización numérica
  • Identificación proxecto: GRC-ED431C 2025/37
  • Departamento: T08 Física aplicada
  • Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

  • Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art. 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
  • Número de prazas: 1
  • Traballo a realizar: Administración de sistemas e xestión de infraestruturas HPC
  • Funcións a realizar:
    Tratamento e análise de datos.
    Desenvolvemento de software específico, mantemento e administración de sistemas, melloras da infraestrutura e optimización da infraestrutura computacional de alto rendemento.
    Desenvolvemento de software específico, mantemento e administración de sistemas Linux.
    Desenvolvemento de entorno para visualizador de datos, mantemento web.
  • Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
  • Data de inicio prevista: 16/11/2026
  • Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
  • Categoría laboral: Persoal técnico superior de apoio á investigación
  • Centro de traballo: Edificio do Campus Auga (Campus de Ourense)
  • Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

  • TITULACIÓN REQUIRIDA: Grao en informática e mestrado

MÉRITOS A VALORAR

  • Item nº1: Formación académica — 30 puntos
  • Item nº2: Experiencia nas actividades ofertadas — 40 puntos
  • Item nº3: Outros méritos, coñecementos en programación, Python, MATLAB, Computación de Alto Rendemento, Administración de Sistemas Linux — 15 puntos
  • Item nº4: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/50096

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)