DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
- Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
- Investigador principal: José Luis Soengas Fernández
- Liña de investigación: Bases fisiolóxicas da alimentación en peixes
- Identificación proxecto: (Non especificada)
- Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
- Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
- Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art. 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
- Número de prazas: 1
- Traballo a realizar: Apoio na investigación sobre alimentación en peixes
- Funcións a realizar:
Funcións principais do posto: En dependencia do responsable do grupo de investigación, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:
(a) participar no deseño de experimentos
(b) participar na administración de fármacos e toma de mostras biolóxicas
(c) participar na análise de mostras de tecidos de peixes mediante técnicas espectrofotométricas, electroforese, RT-qPCR, clonación
(d) participar na elaboración de resultados e análise estatístico dos mesmos
(e) participar na discusión de resultados e redacción de artigos de investigación - Retribución bruta mensual: 1.035,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
- Data de inicio prevista: 01/01/2027
- Xornada laboral: Tempo parcial (20 horas/semana)
- Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
- Centro de traballo: Facultade de Bioloxía (Campus de Vigo)
- Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS
- TITULACIÓN REQUIRIDA: Grao en Ciencias do Mar
MÉRITOS A VALORAR
- Item nº1: Formación académica, experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas e coñecementos de inglés — 30 puntos
- Item nº2: 1) Experiencia mínima de 6 meses apoiando tarefas de investigación en fisioloxía de peixes (requisito obrigatorio). 2) Ciclo superior de formación profesional en dietética e nutrición — 25 puntos
- Item nº3: 1) Traballo de fin de grao relacionado coa fisioloxía e nutrición de peixes. 2) Participación en artigos de investigación relacionados coa liña de investigación. 3) Participación en comunicacións a congresos relacionados coa liña de investigación — 30 puntos
- Item nº4: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos
Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/50096