Doutor/a en Ecoloxía Mariña para realizar unha diagnose integral das cadeas de valor do sector pesqueiro de diferentes áreas xeográficas de Angola

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

  • Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
  • Investigador principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro
  • Liña de investigación: Xestión sostible de recursos mariños
  • Identificación proxecto: (Non especificada)
  • Departamento: X06 Economía aplicada
  • Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

  • Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art. 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
  • Número de prazas: 1
  • Traballo a realizar: Realizar unha diagnose integral das cadeas de valor do sector pesqueiro de diferentes áreas xeográficas de Angola (4 provincias: Bengo, Zaire, Cuanza Sul e Namibe) para asegurarse de mellorar a súa eficiencia, sustentabilidade e inclusividade
  • Funcións a realizar: En coordinación co grupo Future Oceans Lab, a persoa candidata integrarase nunha investigación multidisciplinar que combinará ciencias sociais e naturais, incluíndo compoñentes ecolóxicos, sociais e económicos. Entre as súas tarefas estarán: identificar os elos da cadea de valor do sector pesqueiro angolano, así como os seus actores, fluxos e relacións; desenvolver unha metodoloxía harmonizada para a recompilación de información adaptada á cadea caracterizada; colaborar no traballo de campo en Angola; definir indicadores para análises específicas que permitan comprender mellor a dinámica social, socioeconómica e a vulnerabilidade do sistema; identificar riscos actuais e futuros asociados ao cambio climático e á gobernanza; valorar a incorporación da perspectiva de xénero e a súa influencia na capacidade adaptativa; e colaborar na publicación de artigos científicos, así como noutras actividades de comunicación e transferencia de coñecemento.
  • Retribución bruta mensual: 2.700,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
  • Data de inicio prevista: 16/11/2026
  • Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
  • Categoría laboral: Persoal investigador doutor
  • Centro de traballo: CACTI-CINBIO (Campus de Vigo)
  • Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

  • TITULACIÓN REQUIRIDA: Doutoramento en Ecoloxía Mariña
  • DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA: Carta de motivación segundo o indicado no ítem nº3

MÉRITOS A VALORAR

  • Item nº1: Formación académica. Coñecemento de idiomas (nivel medio-alto de inglés e valorarase coñecemento de castelán, galego e portugués) — 30 puntos
  • Item nº2: Experiencia profesional e adecuación do CV ás funcións a realizar: Experiencia demostrable nos seguintes campos: Experiencia no estudo de sistemas socio-ecolóxicos mariños, no estudo do cambio climático e nos seus efectos no medio mariño, no traballo con actores principais do sector mariño (tomadores de decisións, xestores, pesca, academia, etc.), así como a comunicación e divulgación de resultados científicos a ditos actores e público xeral. Experiencia no estudo da xestión de recursos mariños, e análise espacial participativo. Experto/a en actividades de divulgación. Requírese destreza na análise de datos e programación con R, Python ou similar, e uso avanzado de Excel, o uso de Github ou similar, a análise espacial con R ou GIS, e análise de redes con STATA, o deseño e realización de enquisas ou talleres participativos, e a comunicación e divulgación de resultados científicos — 50 puntos
  • Item nº3: Carta de motivación (en inglés, 500 palabras máx.) explicando por que o seu perfil é o indicado para o posto, e a motivación para avanzar na súa carreira profesional traballando no posto. Enviar a carta xunto co CV nun único PDF — 10 puntos
  • Item nº4: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 10 puntos

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/50096

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)