Xornada final do proxecto ATAC: Adaptación e Transformación da pesca Artesanal ao Cambio Climático

Hora e lugar: Luns, 5 de outubro de 2026, de 12.00 a 15.00 h na Federación Galega de Confrarías de Pescadores (Rúa Palmeira, 84, Milladoiro, Ames).

O proxecto ATAC (Adaptación e Transformación da pesca Artesanal ao Cambio Climático) presentará os seus resultados o vindeiro luns 5 de outubro no Milladoiro. A xornada incluirá tamén unha mesa redonda sobre os retos e as solucións para a adaptación da pesca artesanal ao cambio climático. Ao remate haberá bebidas e pinchos.

A asistencia require inscrición previa ata o 2 de outubro a través do código QR do cartel.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)