Mestrado en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou similares para a realización dunha tese doutoral sobre a evolución da biodiversidade e a xeografía das especies

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

  • Denominación do proxecto ou actividade: EVOlución y GEOgrafía de la diversidad
  • Investigador principal: Sara Varela González
  • Liña de investigación: (Non especificada)
  • Identificación proxecto: PEX-ED431F 2026/23
  • Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal
  • Partida orzamentaria: V645131H64502

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

  • Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art. 21 Lei da Ciencia) EPIF (mín. 1 ano, máx. 4)
  • Número de prazas: 1
  • Traballo a realizar: Realización dunha tese doutoral sobre a evolución da biodiversidade e das interaccións ecolóxicas a escala global, estudando como os procesos evolutivos e bioxeográficos configuraron a distribución das especies, os seus nichos ecolóxicos e a estrutura das redes de interacción ao longo do tempo
  • Funcións a realizar: Realización da tese de doutoramento relacionada coas seguintes tarefas: Xeración e análise dunha gran base de datos a partir da Paleobiology Database, integrada con información paleoclimática. Avaliaranse os principais sesgos do rexistro fósil e o seu efecto sobre os patróns observados de diversidade, co obxectivo de distinguir os sinais bioióxicos reais das limitacións derivadas da calidade e distribución do rexistro.
  • Retribución bruta mensual: 2.080,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
  • Data de inicio prevista: 16/11/2026
  • Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
  • Categoría laboral: Persoal investigador en formación, segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF)
  • Centro de traballo: Facultade de Bioloxía (Campus de Vigo)
  • Duración do contrato: 33 meses e medio

REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

  • TITULACIÓN REQUIRIDA: Mestrado en Bioloxía, Ciencias Ambientais, ou similares. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1924

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)