Mariscando conCiencias para o futuro

Hora e lugar: Venres, 2 de outubro de 2026 ás 12.30 h na Punta, Cesantes, Redondela.

O proxecto Mariscando conCiencias para o Futuro porá o broche final o vindeiro venres 2 de outubro en Cesantes (A Punta), en Redondela. A xornada, aberta a todo o público, reunirá o marisqueo a pé, a expresión artística e a ciencia nun encontro que busca visibilizar a longa tradición, as preocupacións actuais e as expectativas de futuro do sector na Enseada de San Simón.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)