DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
- Denominación do proxecto ou actividade: Acción estratéxica do grupo de investigación FA9
- Investigador principal: María Teresa de Castro Rodríguez
- Liña de investigación: (Non especificada)
- Identificación proxecto: AEI-FA9
- Departamento: T08 Física aplicada
- Partida orzamentaria: K339131H6410311
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
- Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
- Número de prazas: 1
- Traballo a realizar: Investigación en Tratamento e Análise de Datos climáticos de oleaxe e simulacións con modelos de propagación de oleaxe
- Funcións a realizar: Modelización numérica de dispositivos de enerxía undimotriz e eólica flotante mediante SPH
- Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
- Data de inicio prevista: 01/11/2026
- Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
- Categoría laboral: Persoal investigador doutor
- Centro de traballo: Edificio do Campus Auga (Campus de Ourense)
- Duración do contrato: 2 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS
- TITULACIÓN REQUIRIDA: Doutoramento relacionado con Enxeñaría Civil, Ambiental, Marítima ou Mecánica
MÉRITOS A VALORAR
- Item nº1: Formación académica. Estadías de investigación en universidades ou centros internacionais. Idiomas: inglés nivel profesional. Experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas — 40 puntos
- Item nº2: Modelización numérica: experiencia avanzada en Smoothed Particle Hydrodynamics (SPH). Dominio de DualSPHysics, Project Chrono, MoorDyn/MoorDyn+, DEM e ferramentas multifísicas (multiphysics). Experiencia na simulación de plataformas flotantes (TLP, semisumerxibles, WEC, OWC). Experiencia na simulación de condicións extremas (período de retorno de 50 anos, ondas focalizadas (focused waves) e estados de mar extremos) — 15 puntos
- Item nº3: Programación e HPC: coñecementos sólidos en C++, Python, MATLAB. Experiencia con computación de altas prestacións (HPC), GPU computing, CUDA, MPI e simulacións de longa duración — 15 puntos
- Item nº4: Produción científica: publicacións en revistas indexadas JCR relacionadas con enerxía mariña. Experiencia como revisor en revistas internacionais — 15 puntos
- Item nº5: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos
Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1924