DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
- Denominación do proxecto ou actividade: BlueAI-Uvigo: AI-based solution for marine environmental remediation
- Investigador principal: Beatriz Mouriño Carballido
- Liña de investigación: (Non especificada)
- Identificación proxecto: AIA2025-163560-C43
- Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
- Partida orzamentaria: C541131H6400211
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
- Tipo de contrato: Contrato de acceso ao sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (art. 22 Lei da Ciencia). Título Doutor/a
- Número de prazas: 1
- Traballo a realizar: Técnicas estatísticas avanzadas e intelixencia artificial aplicadas ao estudo do fitoplancto tóxico
- Funcións a realizar: Empregaránse técnicas estatísticas avanzadas e intelixencia artificial para predicir os períodos de aparición de fitoplancto tóxico e para investigar os seus desencadeantes ambientais nas Rías Baixas galegas (NO da Península Ibérica). O traballo incluirá tamén a descrición e difusión dos resultados mediante a preparación de artigos científicos e a súa presentación en reunións científicas.
- Retribución bruta mensual: 2.925,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
- Data de inicio prevista: 16/11/2026
- Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
- Categoría laboral: Persoal investigador doutor
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar (Campus de Vigo)
- Duración do contrato: 36 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS
- TITULACIÓN REQUIRIDA: Doutoramento en estatística, matemáticas, física, oceanografía, enxeñería ou afín
MÉRITOS A VALORAR
- Item nº1: Formación académica — 20 puntos
- Item nº2: Experiencia profesional — 20 puntos
- Item nº3: Experiencia comprobable tanto en programación (Python, R, etc.) como no uso de ferramentas de análise de datos e en técnicas de intelixencia artificial / aprendizaxe automática — 22,5 puntos
- Item nº4: Publicacións científicas relacionadas co posto — 22,5 puntos
- Item nº5: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 4 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos
Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916