Data: 23 de xullo de 2026, ás 12.00 horas
Lugar: Edificio Redeiras
Terá lugar a presentación da Guía de los peces óseos marinos de la península Ibérica y Baleares, unha obra de Rafael Bañón editada polo investigador do CIM Jesús Souza Troncoso.
A publicación reúne información detallada sobre 317 especies de peixes óseos mariños, desde especies costeiras e intermareais ata outras que habitan a máis de 1.000 metros de profundidade. Con fotografías a cor e datos sobre a identificación, o hábitat, a bioloxía e a distribución de cada especie, a guía constitúe unha ferramenta de consulta para o ámbito docente e investigador, o sector pesqueiro, os buques oceanográficos e todas as persoas interesadas na biodiversidade mariña.
O acto contará coa participación de representantes da Universidade de Vigo, do Centro de Investigación Mariña e de diferentes entidades vinculadas ao sector mariño e empresarial.