Doutor/a en Ecoloxía Mariña para avaliar solucións para conservar a biodiversidade mariña e combater o cambio climático

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

  • Denominación do proxecto ou actividade: Advancing understanding of Cumulative Impacts on European marine biodiversity, ecosystem functions and services for human wellbeing
  • Investigador principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro
  • Liña de investigación: (Non especificada)
  • Identificación proxecto: ACTNOW
  • Departamento: X06 Economía aplicada
  • Partida orzamentaria: E301131H6461011

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

  • Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
  • Número de prazas: 1
  • Traballo a realizar: Avaliar solucións para conservar a biodiversidade mariña e combater o cambio climático (CC), e solucións de adaptación asociadas a curto e longo prazo (traxectorias de desenvolvemento) nas augas mariñas europeas
  • Funcións a realizar:
    En coordinación co grupo Future Oceans Lab, a/o candidato/a unirase a unha investigación multidisciplinar que combinará as ciencias sociais e naturais, e levará a cabo as seguintes tarefas:
    Elaborar produtos informativos sobre os resultados do proxecto ACTNOW para apoiar a toma de decisión, como o informe sobre posibles solucións e as traxectorias de desenvolvemento para manter a biodiversidade mariña en diferentes escenarios futuros, incluídas recomendacións para a ampliación da rede de Áreas Mariñas Protexidas (AMP) da UE.
    Revisar e propor actividades de alfabetización oceánica sobre a biodiversidade mariña coa sociedade.
  • Retribución bruta mensual: 2.410,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
  • Data de inicio prevista: 16/09/2026
  • Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
  • Categoría laboral: Persoal investigador doutor
  • Centro de traballo: CACTI-CINBIO (Campus de Vigo)
  • Duración do contrato: 1 mes e medio

REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

  • TITULACIÓN REQUIRIDA: Doutoramento en Ecoloxía Mariña
  • DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA: Nivel de inglés medio-alto. Carta de motivación segundo o indicado no item nº3

MÉRITOS A VALORAR

  • Item nº1: Formación académica. Coñecemento de idiomas (nivel medio-alto de inglés, castelán e galego) — 20 puntos
  • Item nº2: Experiencia profesional e adecuación do CV da/o candidata/o ás funcións a realizar: Experiencia demostrable nos seguintes campos: Experiencia no estudo de sistemas socio-ecolóxicos mariños, no estudo do cambio climático e nos seus efectos no medio mariño, no traballo con actores principais do sector mariño (tomadores de decisións, xestores, pesca, academia, etc.), así como a comunicación e divulgación de resultados científicos e datos a actores e ao público xeral. Experiencia no estudo de xestión de recursos mariños, e análise espacial participativo. Experto/a en programación con R, Python ou similar, e uso avanzado de Excel, uso de Github ou similar, análise espacial con R ou GIS, e análise de redes con STATA, deseño e realización de enquisas ou outros talleres participativos, e comunicación e divulgación de resultados científicos — 50 puntos
  • Item nº3: Carta de motivación (en inglés, 500 palabras máx.) explicando por que o seu perfil é o indicado para o posto, e a motivación para avanzar na súa carreira profesional traballando no posto. Enviar a carta xunto co CV nun único PDF — 20 puntos
  • Item nº4: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos/ás candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. Poderá non realizarse en caso de candidatura única — 10 puntos

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)