Bolsa de formación para a Unidade de Cultivos mariños da ECIMAT do CIM

DATOS DA BOLSA

  • Unidade: CIM-ECIMAT
  • Tipo de bolsa: Cultivos mariños – 1 bolsa

OBXECTIVOS E COMPETENCIAS QUE SE ADQUIRIRÁN

  • Desenvolver a habilidade práctica nun centro de investigación.
  • Adquirir coñecementos técnicos sobre as técnicas de cultivo e a mantenza de organismos mariños.

REQUISITOS ESPECÍFICOS
Estar matriculado/a en:

  • Grao en Bioloxía
  • Grao en Ciencias do Mar
  • Máster Universitario en Bioloxía Mariña
  • Máster Universitario en Oceanografía
  • Máster Universitario en Acuicultura
  • Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada

TITOR/A
Damián Costas Costas, director da ECIMAT

DEDICACIÓN
15 horas semanais
Horario a determinar tendo en conta ás obrigas académicas da persoa beneficiaria da bolsa

CONTÍA E DURACIÓN
Dotación económica bruta máxima de 400 €/mes.
Prazo de presentación de solicitudes: do 22/07/2026 ao 02/09/2026.

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1902

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)