Predoc para avance na comprensión das secas e episodios compostos de secas e vagas de calor en clima actual e futuro vía modelización lagrangiana de transporte de humidade e calor

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

Denominación do proxecto ou actividade

Avance na comprensión das secas e episodios compostos de seca e vagas de calor en clima actual e futuro vía modelización lagrangiana de transporte de humidade e calor

Investigador principal

Raquel Olalla Nieto Muñiz

Liña de investigación

(Non especificada)

Identificación proxecto

PID2024-155515NB-I00

Departamento

T08 Física aplicada

Partida orzamentaria

K564131H6460211


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato

Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Número de prazas

1

Traballo a realizar

Realización da tese de doutoramento relacionada coa estimación a escala rexional dos déficits de transporte de humidade e calor asociados aos eventos de seca e aos eventos combinados de seca e onda de calor, empregando modelización e descomposición baseada nos procesos físicos implicados.

Funcións a realizar

Realización da tese de doutoramento relacionada con:
Desenvolvemento de modelos lagrangianos.
Análise de datos atmosféricos.
Integración de variables rexionais.
Modelización da humidade e calor.
Validación e calibración de resultados dos modelos.
Visualización e comunicación de resultados.
Investigación e desenvolvemento.

Retribución bruta mensual

1.600,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista

A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral

Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral

Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF)

Centro de traballo

Ourense – Edificio Campus Auga

Duración do contrato

12 meses


REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

TITULACIÓN REQUIRIDA

Licenciatura ou grao con mestrado en Enxeñaría, Física ou Matemáticas.
Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato.


MÉRITOS A VALORAR

Item nº1

Formación académica relacionada co ámbito das ciencias físicas, ambientais ou enxeñaría — 30 puntos

Item nº2

Experiencia en programación — 15 puntos

Item nº3

Experiencia en manexo de datos masivos climáticos — 15 puntos

Item nº4

Experiencia en modelos de dispersión atmosférica — 25 puntos

Item nº5

Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos/as 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos


Máis información:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1851

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)