Graduado/a en Ciencias do Mar e Mestrado en Ecoloxía Mariña para traballo experimental de campo, análise de datos, interpretación de resultados e comunicación de datos científicos

DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

Denominación do proxecto ou actividade

Axuda para a consolidación e estruturación do grupo de investigación EZ1

Investigador principal

Celia Olabarria Uzquiano

Liña de investigación

(Non especificada)

Identificación proxecto

GRC-ED431C 2025/51

Departamento

C04 Ecoloxía e bioloxía animal

Partida orzamentaria

C534131H6450211


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas

1

Traballo a realizar

Traballo experimental de campo, análise de datos, interpretación de resultados e comunicación de datos científicos

Funcións a realizar

Deseño e execución de traballo de campo.
Recollida de parámetros ambientais.
Procesado de mostras en laboratorio.
Análise de datos con R (GLM, GAM) e QGIS.
Escritura de artigos científicos.
Redacción de informes.

Retribución bruta mensual

1.700,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista

A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral

Tempo parcial (30 horas/semana)

Categoría laboral

Persoal técnico superior de apoio á investigación

Centro de traballo

FACULTADE DE CIENCIAS DO MAR DE VIGO

Duración do contrato

2 meses


REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS

TITULACIÓN REQUIRIDA

Grao en Ciencias do Mar e Mestrado en Ecoloxía Mariña.
Curso de mergullo: PADI Open Water


MÉRITOS A VALORAR

Item nº1

Formación académica e outros cursos de formación. Inglés B2. Carné de conducir B — 35 puntos

Item nº2

Experiencia en laboratorio e/ou campo (mínimo 6 meses).
Valorarase experiencia previa de traballo con cultivos de macroalgas e en colaboración con confrarías.
Valórase experiencia previa en traballo experimental de campo con percebes e mexilla.
Cursos de formación específica relacionados co posto.
Curso QGIS. — 50 puntos

Item nº3

Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos/as 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos


Máis información:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1851

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)