DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
Denominación do proxecto ou actividade
Acción estratéxica do centro CIM
Investigador principal
Daniel Rey García
Liña de investigación
AEI-CIM
Identificación proxecto
AEI-CIM
Departamento
C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio
Partida orzamentaria
C371131H6410311
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas
1
Traballo a realizar
Mostraxes, procesado e análise de datos térmicos e biolóxicos no marco do proxecto DETECT (CIM)
Funcións a realizar
Deseño e execución de traballo de campo.
Recollida de parámetros ambientais.
Procesado de mostras en laboratorio.
Análise de datos con R (GLM, GAM) e QGIS.
Escritura de artigos científicos.
Redacción de informes.
Retribución bruta mensual
2.050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista
A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma
Xornada laboral
Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral
Persoal investigador non doutor
Centro de traballo
FACULTADE DE CIENCIAS DO MAR DE VIGO
Duración do contrato
1 mes
REQUISITOS E MÉRITOS DAS CANDIDATURAS
TITULACIÓN REQUIRIDA
Grao en Ciencias do Mar e Mestrado en Ecoloxía Mariña
Curso de mergullo: PADI Open Water
MÉRITOS A VALORAR
Item nº1
Formación académica e outros cursos de formación. Inglés B2. Carné de conducir B — 35 puntos
Item nº2
Experiencia en estudos de poboacións de percebe e mexillón (mínimo valorable 6 meses).
Experiencia en laboratorio e/ou campo.
Valorarase experiencia previa de traballo con cultivos de macroalgas e en colaboración con confrarías.
Cursos de formación específica relacionados co posto.
Curso QGIS — 50 puntos
Item nº3
Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente aos/as 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos — 15 puntos
Máis información:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1851