Técnico para proxecto sobre base xenética da biodiversidade, adaptación e resiliencia de Littorina saxatilis en rexións singulares e hábitats únicos

Denominación do proxecto ou actividade:
A paso de caracol: En busca de la base genética de la biodiversidad, adaptación y resiliencia en regiones singulares y hábitats únicos

Investigador principal:
Juan Galindo Dasilva

Liña de investigación:
A base xenómica da adaptación en Littorina saxatilis en rexións singulares

Departamento:
C03 Bioquímica, xenética e inmunoloxía


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato:
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas:
1

Traballo a realizar:
Apoio técnico para a realización de experimentos de campo e laboratorio en ecoloxía evolutiva de caracois mariños (Littorina saxatilis), extracción de mostras de ADN e análise bioinformático de xenomas e análise xenómica de poboacións

Funcións a realizar:

  • Caracterización ecolóxica de poboacións de Littorina saxatilis
  • Recolección de mostras de L. saxatilis
  • Caracterización fenotípica de L. saxatilis
  • Extraccións de ADN
  • Análise bioinformático de xenomas
  • Análises xenómicos de poboacións

Retribución bruta mensual:
1.620,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista:
A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral:
Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral:
Persoal técnico medio de apoio á investigación

Centro de traballo:
Facultade de Bioloxía de Vigo

Duración do contrato:
Indefinida


REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida:
Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar

Documentación requirida:
Certificacións académicas oficiais de grao e mestrado (agás titulacións da Universidade de Vigo). Declaracións de equivalencia de nota media en caso de titulacións estranxeiras


MÉRITOS A VALORAR:

  • Formación académica (Mestrado) e expediente académico (Grao e Mestrado) — 30
  • Experiencia en traballo de campo con moluscos (preferiblemente gasterópodos mariños) demostrable (preferiblemente laboral ou con artigos científicos ou comunicacións a congresos) — 20
  • Experiencia no ámbito da ecoloxía, xenética ou evolución en moluscos (preferiblemente gasterópodos mariños) demostrable (preferiblemente laboral ou con artigos científicos ou comunicacións a congresos) — 20
  • Experiencia laboral ou académica en bioloxía molecular, bioinformática e análises xenómicos — 15
  • Entrevista persoal — 15

A entrevista realizarase unicamente aos/ás 5 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1820

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)