Técnico/a de apoio á investigación para proxecto de análises palinoestratigráficas de sedimentos paleozoicos-mesozoicos

Denominación do proxecto ou actividade:
Axuda para a consolidación e estruturación do grupo de investigación XM3

Investigador principal:
Soledad García Gil

Departamento:
C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato:
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas:
1

Traballo a realizar:
Análises palinoestratigráficas de sedimentos paleozoicos-mesozoicos

Funcións a realizar:

  • Preparación de mostras para análises palinoestratigráficas, incluíndo a dixestión da fracción inorgánica mediante ataques ácidos controlados
  • Separación dos residuos orgánicos
  • Elaboración de láminas para a súa posterior observación e rexistro fotográfico
  • Almacenamento e arquivo de mostras xa procesadas

Retribución bruta mensual:
1.545,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista:
A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral:
Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral:
Persoal técnico especialista de apoio á investigación

Centro de traballo:
Facultade de Ciencias do Mar de Vigo

Duración do contrato:
1 mes e medio


REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida:
Bacharelato ou FP2


MÉRITOS A VALORAR:

  • Formación académica — 15
  • Experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas — 15
  • Cursos de ofimática (Excel e Word) — 5
  • Experiencia demostrada en preparación de mostras palinoestratigráficas — 50
  • Entrevista persoal — 15

A entrevista realizarase unicamente aos/ás candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.


Máis información:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1820

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)