Mestrado en paleontoloxía ou xeoloxía para proxectos de interpretación e clasificación de taxóns paleopalinolóxicos paleozoicos e mesozoicos

Denominación do proxecto ou actividade:
Axuda para a consolidación e estruturación do grupo de investigación XM3

Investigador principal:
Soledad García Gil

Departamento:
C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato:
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas:
1

Traballo a realizar:
Interpretación e clasificación de taxóns paleopalinolóxicos paleozoicos e mesozoicos

Funcións a realizar:

  • Interpretación microscópica de láminas palinolóxicas paleozoicas e mesozoicas
  • Identificación e clasificación taxonómica de palinomorfos
  • Elaboración de listaxes taxonómicas e caracterización de asociacións
  • Integración bioestratigráfica dos conxuntos en marcos rexionais e globais

Retribución bruta mensual:
1.802,50 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista:
A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral:
Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral:
Persoal investigador non doutor

Centro de traballo:
Facultade de Ciencias do Mar de Vigo

Duración do contrato:
1 mes e medio


REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida:
Mestrado en Paleontoloxía ou Xeoloxía

Documentación requirida:
Certificación académica oficial (agás titulacións da Universidade de Vigo). Declaración de equivalencia de nota media en caso de titulacións estranxeiras


MÉRITOS A VALORAR:

  • Expediente académico do mestrado en Xeoloxía ou Paleontoloxía — 20
  • Experiencia profesional en universidades, organismos públicos e centros privados — 15
  • Experiencia demostrada en interpretación paleopalinolóxica — 30
  • Traballos en paleopalinoloxía paleozoica ou mesozoica (publicacións, TFM, TFG, proxectos, informes, etc.) — 20
  • Entrevista persoal — 15

A entrevista realizarase unicamente aos/ás candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.


Máis información:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1820

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)