Grao ou licenciatura en ciencias ambientais, agronómicas ou meteorolóxicas para proxecto de análise de datos agrometeorolóxicos e modelización climática en América Central e do Sur

Denominación do proxecto ou actividade:
Transporte de humidade no clima presente e futuro sobre América Central e do Sur: mecanismos, extremos e atribución de cambios

Investigador principal:
Robert Sorí Gómez

Departamento:
T08 Física aplicada


CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato:
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas:
1

Traballo a realizar:
Descarga e procesamento de datos agrometeorolóxicos

Funcións a realizar:

  • Descargar e procesar datos meteorolóxicos diarios de estacións meteorolóxicas e de saídas do modelo rexional WRF para o período 1980-2024 e futuro 2041-2100 baixo dous escenarios de desenvolvemento socioeconómico e climático SSP2-4.5 e SSP5-8.5
  • Análise fase para rexións definidas segundo o IPCC
  • Os datos descargaranse para unha rexión agrícola de interese rexional no Caribe
  • Procesamento dos datos inclúe análise de datos faltantes, con erros e estatísticos básicos

Retribución bruta mensual:
737,52 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista:
A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral:
Tempo parcial (15 horas/semana)

Categoría laboral:
Persoal investigador non doutor

Centro de traballo:
Facultade de Ciencias de Ourense

Duración do contrato:
4 meses


REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida:
Grao ou licenciatura en Ciencias Ambientais, Agronómicas ou Meteorolóxicas


MÉRITOS A VALORAR:

  • Experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas — 40
  • Manipulación de bases de datos raster, netcdf, .csv, .xlsx — 20
  • Coñecemento de cálculo de índices e indicadores agrometeorolóxicos — 20
  • Coñecementos de programación en Python, R e QGIS — 20

Máis información:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1820

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)