218 estudantes da Universidade de Vigo recibiron o recoñecemento ao seu talento, esforzo e compromiso no acto de celebración de San Tomé, o patrón da universidade, que encheu o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués. Dos máis de 200 premios, a maior cifra da historia da UVigo, outorgados neste San Tomé, 19 correspóndense con premios extraordinarios de doutoramento (13 mulleres e seis homes); 53 con premios extraordinarios de grao (31 mozas e 22 mozos); 140 son premios á excelencia académica aos estudantes cos mellores expedientes de novo ingreso neste curso 2025/2026, 105 de grao e 35 de máster, e seis son Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao, mestrado e teses.
Entre os galardonados, dous investigadores do CIM: Jessica Calo Rodríguez e Luis Gimeno-Sotelo obtiveron o Premio Extraordinario de doutoramento no eido científico.
O CIM conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación, e a súa actividade está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FEDER 21-27.
Noticia completa no DUVI.