Denominación ou actividade: Xestor do Proxecto Transnational «Atlantic Wave Energy Sustainable Deployment Initiative»
Investigador principal: Ramón Gómez Gesteira
Liña de investigación: Xestión de enerxías renovables
Identificación proxecto: AWESDI EAPA_0093/2024
Departamento: T08 Física aplicada
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Xestión do proxecto AWESDI
Funcións a realizar:
- Xestión do proxecto – AWESDI. Baixo a supervisión do Coordinador do Proxecto o/a candidato/a realizará as seguintes actividades:
- Actuar como xestor/a principal do proxecto, sendo responsable da planificación, xestión e supervisión do proxecto en coordinación cas entidades socias e colaboradoras implicadas.
- Responsable da supervisión financeira e contable, así como da xestión técnica diaria do proxecto.
- Promoción e organización de eventos e reunións do proxecto.
- Análise de datos, rexistro de entregables e fitos do proxecto.
- Elaboración de informes técnicos e financeiros do proxecto.
- Tarefas de comunicación, difusión e divulgación, incluída a produción de dossieres para os medios de comunicación e o mantemento do sitio web e das contas do proxecto en redes sociais do proxecto.
- Dispoñibilidade para viaxar.
Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal técnico superior de apoio á investigación
Centro de traballo: Edificio Campus Auga do Campus de Ourense
Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Licenciatura ou grao máis mestrado
Méritos a valorar:
Méritos xerais:
1) Formación académica e outros cursos de formación
2) Dominio do castelán falado e escrito (C1 ou nativo)
3) Inglés fluido. Nivel de inglés
Méritos específicos:
1) Experiencia profesional na xestión de proxectos en xeral
2) Experiencia profesional na xestión de proxectos de I+D en convocatorias internacionais
3) Experiencia profesional na organización de eventos de innovación e transferencia
4) Experiencia profesional en tarefas de comunicación, difusión e divulgación
5) Carnet de conducir B1
Entrevista persoal (3 candidatos/as máximo). A entrevista realizarase unicamente a/aos candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.