Mestrado en Ecoloxía Mariña con curso de mergullo PADI Open Water

Denominación ou actividade: Neutralidade climática: papel do Carbono Azul na costa de Portugal e Galicia

Investigador principal: Ramón Gómez Gesteira

Identificación proxecto: CAPTA

Departamento: T08 Física aplicada

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar:

  • Deseño de experimentos e traballo de campo. Rexistro de datos obtidos en proxectos de investigación.
  • Ingreso de resultados en bases de datos. Análise de datos con R e interpretación de resultados.
  • Tratamento de datos con QGIS.
  • Comunicación de datos científicos.

Funcións a realizar:

  • Deseño e execución de traballo de campo.
  • Recollida de parametros ambientais.
  • Procesado de mostras en laboratorio.
  • Análise de datos con R (glm, gma) e QGIS.
  • Escritura de artigos científicos.
  • Redacción de informes.

Retribución bruta mensual: 1.802,50 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal técnico superior de apoio á investigación

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo

Duración do contrato: 5 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado en Ecoloxía Mariña. Curso de mergullo: PADI Open Water.

Méritos a valorar:

  • Formación académica e outros cursos de formación. Inglés B2. Carné de conducir B
  • Experiencia en laboratorio e/ou campo. Valorarase experiencia previa de traballo con cultivos de macroalgas e en colaboración con confrarías. Cursos de formación específica relacionados co posto. Curso QGIS.
  • Entrevista persoal (3 candidatos/as máximo). A entrevista realizarase unicamente a/aos candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)