Graduado/a en Bioloxía ou Ciencias do Mar con Mestrado en Bioloxía Mariña ou Oceanografía e con formación en mergullo científico

Denominación ou actividade: Acción estratéxica do centro CIM

Investigador principal: Daniel Rey García

Identificación proxecto: AEI-CIM

Departamento: C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Deseño experimental e traballo de campo (mergullo). Análise e interpretación de resultados. Comunicación, divulgación e diseminación do traballo científico

Funcións a realizar:

  • Realización dunha análise dos servizos ecosistémicos das rías galegas en relación coa acuicultura de mexillón.
  • Avaliar o efecto dos arrecifes artificiais nos servizos dos ecosistemas e a mitigación do efecto do cambio climático.
  • Definir accións de adaptación ao cambio climático nos fondos afectados polo cultivo de mexillón.
  • Saídas ao mar para a toma de mostras de sedimentos e auga.
  • Tratamento de mostras bentónicas.
  • Seguimento da fixación da fauna bentónica en estruturas artificiais.
  • Realización de experimentos sobre mitigación do cambio climático.

Retribución bruta mensual: 1.640,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo parcial (33 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador non doutor

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo

Duración do contrato: 5 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar ou equivalente e Mestrado en Bioloxía Mariña, Oceanografía ou equivalente. Formación en mergullo científico, titulación mínima Advanced Open Water Diver ou equivalente

Méritos a valorar:

  • Formación académica e outros cursos de formación. Matrícula nun programa de doutoramento.
  • Nivel de inglés mínimo do B2
  • Experiencia xustificada no perfil do posto. Experiencia no uso do mergullo nun Centro de Investigación (ECIMAT, IIM, outro), polo menos un curso académico. Experiencia en Telemetría Acústica; análise de isótopos estables
  • Entrevista. A entrevista realizarase unicamente a/aos candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)