Investigador/a predoc para análise multidisciplinar de alta resolución da evolución sedimentaria dun val inciso en basamento rochoso durante a transgresión

Denominación do proxecto ou actividade: Análise multidisciplinar de alta resolución da evolución sedimentaria dun val inciso en basamento rochoso durante a transgresión

Investigador principal: Castor Muñoz Sobrino

Identificación proxecto: PID2023-147147OB-I00

Departamento: C02 Bioloxía vexetal e ciencias do solo

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Estudos de microrrestos (polen, esporas e cistos) e macrorrestos vexetais en sedimentos fluviomariños

Funcións a realizar: Extracción e análise de microrrestos (pole, esporas, quistes), macrorrestos vexetais e ADN sedimentario en sedimentos fluviomarinos do Holoceno.

Retribución bruta mensual: 1.560,48 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF)

Centro de traballo: Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo

Duración do contrato: 12 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado en Biodiversidade Terrestre. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato

Documentación:

  • Certificación académica oficial da titulación requirida (agás titulacións da Universidade de Vigo)
  • Certificado do nivel de inglés

MÉRITOS A VALORAR

  • Expediente académico do mestrado en Biodiversidade Terrestre
  • Idioma Inglés: Certificado B2 Cambridge ou outro certificado oficial equivalente ou superior
  • Experiencia previa, demostrable mediante publicacións científicas ou traballos académicos (TFM/TFG) relacionados coa temática
  • Formación en técnicas microscópicas, análise de imaxe, TILIA , SIGs ou sedDNA
  • Entrevista persoal

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)