Denominación do proxecto ou actividade: Avaliación en alta resolución do transporte de humidade no Atlántico Norte en clima actual e nas proxeccións futuras do CMIP-6
Investigadora principal: Raquel Olalla Nieto Muñiz
Identificación proxecto: PID2021-122314OB-I00
Departamento: T08 Física aplicada
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Determinación dos cambios no tempo de permanencia do vapor de auga en puntos xeográficos críticos baixo o cambio climático
Funcións a realizar:
- Análise de datos atmosféricos.
- Integración de variables rexionais.
- Modelización da relación entre humidade e precipitación.
- Validación e calibración de modelos.
- Visualización e comunicación de resultados.
- Investigación e desenvolvemento.
Retribución bruta mensual: 1.803,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Campus de Ourense
Duración do contrato: 6 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Licenciatura ou grao en Enxeñaría, Física ou Matemáticas
MÉRITOS A VALORAR
- Formación académica relacionada co ámbito das ciencias físicas, ambientais ou enxeñaría
- Experiencia en programación
- Experiencia en manexo de datos
- Experiencia en modelos de dispersión atmosférica
- Entrevista: A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos