Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Investigador principal: Pablo Serret Ituarte
Liña de investigación: Ecoloxía funcional do plancton mariño
Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Monitoring do metabolismo neto planctónico na ría de Vigo
Funcións a realizar: Toma de mostras para a realización de experimentos de medida do metabolismo neto planctónico mediante cambios in vitro na concentración de O2 disolto. Xestión da base de datos.
Retribución bruta mensual: 529,55 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (10 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Centro de traballo: VIGO – Estación de Ciencias Mariñas de Toralla
Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Grao en Bioloxía ou Ciencias do mar
Méritos a valorar:
- Formación académica en ecoloxía planctónica e bioxeoquímica mariña.Experiencia en investigación en universidades, organismos públicos
- Formación específica relacionada cos procesos metabólicos e a bioxeoquímica do plancto mariño
- Mínimo 1 ano de experiencia acreditada en: mostraxe e realización de incubacións para a medida do metabolismo planctónico (método de botellas claras e escuras); experimentación ennmesocosmos; medida de alta precisión da concentración de O2 disolto polo método de Winkler, empregando valoradores automáticos potenciométricos. Valorarase positivamente a experiencia no Sistema Universitario Galego (SUG).
- Entrevista. A entrevista realizarase a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos