Graduado/a ou lienciado/a en Ciencias do Mar ou Bioloxía e Mestrado en Bioloxía Mariña, Oceanografía para consolidación e estruturación do grupo de investigación EZ1

Denominación do proxecto ou actividade: Axuda para a consolidación e estruturación do grupo de investigación EZ1

Investigadora principal: Celia Olabarria Uzquiano

Liña de investigación: Ecoloxía bentónica mariña

Identificación proxecto: GRC-ED431C 2025/51

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO

Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Xestión, divulgación científica do traballo relacionado coas liñas de investigación do grupo

Funcións a realizar:

  • Xestión económica do grupo de investigación.
  • Búsqueda de información de convocatorias de proxectos de investigación relacionados coas liñas do grupo.
  • Xestión e actualización do grupo de investigación.
  • Xestión da web e das redes sociais do grupo de investigación.
  • Enlace do grupo cos servicios administrativos e de xestión de investigación da Universidade.
  • Enlace do grupo con empresas relacionadas coas liñas do grupo.
  • Asistencia puntual noutras tarefas do grupo de investigación.

Retribución bruta mensual: 1.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo parcial (16 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal técnico superior de apoio á investigación

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar da UVigo

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao ou Licenciatura en Ciencias do Mar ou Bioloxía e Mestrado en Bioloxía Mariña, Oceanografía, equivalentes.

Nivel mínimo de inglés B2 e CELGA 4 de galego

Documentación: Certificados de nivel de idiomas (mínimo B2 en inglés e CELGA 4 en galego)

MÉRITOS A VALORAR

  • Formación académica e outros cursos de formación. Nivel de inglés C1 ou superior
  • Valorarase a experiencia previa en xestión de proxectos e cursos de formación relacionados coa xestión
  • Entrevista. A entrevista persoal realizarase unicamente aos/as candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)