Predoc FPI para proxecto sobre productividade e floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Denominación do proxecto: Modelado e análise do crecemento do fitoplancton tóxico no marco do proxecto MAGIC (Modelling and Analysis of phytoplankton Growth in the rías: understanding productIvity and harmful algae Changes, PID2024-156623OB-C21).

Breve descrición das tarefas que desenvolverá o persoal investigador predoutoral contratado: A tese de doutoramento centrarase en comprender a variabilidade temporal e espacial da produtividade e a formación de proliferacións de fitoplancton tóxico nas Rías Baixas galegas. O estudo combina ecoloxía do fitoplancto, bioxeoquímica, oceanografía física e modelado numérico. As tarefas inclúen o manexo e análise de bases de datos oceanográficos e de teledetección, técnicas estatísticas avanzadas e simulacións numéricas mediante modelos hidrodinámicos.

Investigador/a principal: Beatriz Mouriño Carballido

Área temática: Ciencias e tecnoloxías medioambientais (CTM)

Criterios de avaliación:
1. Traxectoria académica e/ou científico técnica:

  • Expediente académico acreditado de grao e mestrado
  • TFG/TFM (valorarase a afinidade ao proxecto)
  • Experiencia en el uso de software de análise de datos (R, Python, etc.)
  • Acreditación de inglés
  • Traballos de investigación previos
  • Mobilidade e internacionalización. Estadías de estudo ou de investigación

2. Adecuación ás actividades investigadoras do proxecto:

  • Adecuación da persoa candidata en función da súa formación
  • Adecuación da persoa candidata en función da súa experiencia previa
  • Valor engadido para a carreira investigadora da persoa contratada
  • Valor engadido para o centro e equipo receptor

Máis información

Contacto: Beatriz Mouriño Carballido, Grupo de Oceanografía Biológica (GOB) do CIM (bmourino@uvigo.gal)

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)