Investigador/a para o desenvolvemento e aplicación de sistemas de análise multiplexada

Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigadora principal: Francisco Javier Pena Pereira

Liña de investigación: Espectroscopia

Departamento: C07 Química analítica e alimentaria

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Desenvolvemento e aplicación de sistemas de análise multiplexada

Funcións a realizar:

  • Preparación e caracterización de elementos de recoñecemento.
  • Fabricación de sistemas miniaturizados de análise.
  • Optimización de parámetros experimentais e obtención das carácterísticas analíticas
  • Análise de materiais de referencia certificados.
  • Análise de matrices ambientais e alimentarias.
  • Avaliación da trazabilidade metrolóxica dos resultados.

Retribución bruta mensual: 1.8500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador non doutor

Centro de traballo: Facultade de Química do Campus de Vigo

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en química ou titulación afín

Méritos a valorar:

  • Expediente académico da titulación requirida
  • Mestrado relacionado coa titulación. Expediente académico
  • Experiencia nas actividades ofertadas.
  • Valorarase a experiencia no desenvolvemento e/ou aplicación de métodos de análise, fabricación de sistemas microfluídicos, emprego de smartphones para a dixitalización e procesado de imaxes con finalidade analítica, experiencia con programas estatísticos para a optimización de parámetros experimentais, aplicacións analíticas ambientais e alimentarias.
  • Entrevista.

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)