Denominación do proxecto: Resiliencia e optimización das unidades de blindaxe de rompeondas en aplicacións reais de enxeñaría mediante modelado numérico
Breve descrición das tarefas que desenvolverá o persoal investigador predoutoral contratado: A persoa contratada desenvolverá modelos numéricos de alta fidelidade para avaliar a resiliencia e optimización das unidades de blindaxe de rompeolas en condicións reais de enxeñaría. Realizará análises de estabilidade, cargas hidrodinámicas e procesos de rotura, empregando técnicas de programación de altas prestacións (HPC) e validando os resultados con datos experimentais do proxecto coordinado. Participará tamén na preparación de publicacións científicas, presentacións en congresos e colaboración con institucións internacionais.
Investigador/a principal: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo e Mª Teresa de Castro Rodríguez
Área temática: Producción industrial, ingeniería civil e ingenierías para la sociedad (PIN)
Criterios de avaliación:
1. Traxectoria académica e/ou científico técnica
- Expediente académico na titulación de grao
- Expediente académico na titulación de mestrado
- Experiencia en modelado numérico aplicado á enxeñaría mariña
- Achegas científico-técnicas Experiencia en programación de altas prestacións (HPC)
- Mobilidade e internacionalización: Estadías en centros de investigación e/ou no sector industrial, atendendo ao prestixio da entidade e á actividade desenvolvida
2. Adecuación ás actividades investigadoras do proxecto
- Adecuación da persoa candidata en función da súa formación
- Adecuación da persoa candidata en función da súa experiencia previa
- Valor engadido para a carreira investigadora da persoa contratada
- Valor engadido para o centro e equipo receptor