Obradoiro transrexional final sobre Innovación en Biotecnoloxía Azul – MARINNONET

No marco do proxecto Marinnonet, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-202, presentamos o Obradoiro Transrexional de Biotecnoloxía Azul, que se celebrará online o vindeiro 19 de setembro entre as 10 e as 12:30 horas. Este encontro ofrece unha oportunidade única para conectar con actores de España, Portugal, Francia e Irlanda, fortalecendo a cooperación transnacional e fomentando a innovación aberta no ámbito da bioeconomía e a biotecnoloxía azul.

Esta será a axenda do evento:

  • 10:00 – 10:10 | Benvida e apertura.

  • 10:10 – 10:30 | Presentación do Portfolio de retos e oportunidades da Biotecnoloxía Azul (resultados dos obradoiros rexionais en España, Portugal, Francia e Irlanda).

  • 10:30 – 11:00 | Casos prácticos de proxectos piloto orientados ao mercado.

  • 11:00 – 11:15 | Bioeconomía azul da UE: evolución de políticas, oportunidades e próximos pasos. Ponente: Maris Stulgis, Comisión Europea (DG MARE).

  • 11:15 – 12:00 | Grupos de discusión transresxionais por plataformas biotecnolóxicas, coa participación de investigación, industria, sociedade civil e autoridades públicas.

  • 12:00 – 12:20 | Convocatoria de proxectos piloto MARINNONET 2025: presentación da oportunidade de financiación e como participar.

  • 12:20 – 12:30 | Conclusións e próximos pasos

Agardámoste!

Pograma

Formulario de rexistro

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)