O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo organiza a III Asemblea Anual CIMentos! Este evento científico, que se celebrará o 28 de outubro no edificio CITEXVI (Campus de Vigo), busca unir a todo o persoal investigador do CIM, proporcionando un espazo onde poidan presentar os seus traballos, intercambiar ideas e establecer colaboracións.
Nesta nova edición entregarase o Premio CIM á Enric Gisbert, responsable do Programa de Acuicultura do IRTA no centro de la Ràpita (Tarragona) e referencia mundial en acuicultura.
Esta actividade forma parte das accións do Decenio dos Océanos do Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible.
Vén a CIMentos e forma parte da vangarda da investigación mariña!