O vindeiro 24 de outubro, de 9 a 17 horas, celebrarase no Gaiás (Santiago de Compostela) o II Encontro cos Sectores do Mar– II Asemblea Final do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Trátase dun evento aberto a toda a comunidade mariña no que se presentarán os principais resultados acadados ao abeiro deste programa e se recoñecerán os logros dun esforzo colectivo sen precedentes no ámbito da investigación mariña en Galicia.
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, como unha das entidades coordinadoras da iniciativa, terá unha presenza destacada na xornada, coa participación do seu persoal investigador, que presentarán os avances e resultados das súas liñas de traballo desenvolvidas no marco do programa.
Será unha oportunidade única para compartir coñecemento, fortalecer sinerxías e recoñecer o valor do traballo conxunto entre institucións, centros de investigación e profesionais do sector.
Agardámoste!