Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Investigador principal: Ramón Gómez Gesteira
Liña de investigación: Adaptación de modelos hidráulicos, hidrológicos e hidrodinámicos
Departamento: T08 Física aplicada
Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Investigador/a
Funcións a realizar: Simulación numérica de eventos extremos e adaptación de modelos numéricos
Retribución bruta mensual: 1.850,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Centro de traballo: OURENSE – Edificio CAMPUS AUGA
Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Licenciatura / grao en Enxeñaría
Méritos a valorar:
- Formación: Licenciatura/grao en Enxeñería (a valorar): Doutor enxeñeiro
- Coñecementos en programación Nivel Alto de C++
- Experiencia con modelos numéricos baseados en SPH
- Experiencia con modelos numéricos IBER e IBER +
- Entrevista persoal